Seminario Menor

Tipo: Albergue turístico

Categoría: 1 estrela

Prazas dispoñibles: 100

: de 11.00 € a 14.00 €

: Avenida de Quiroga Palacios, 1. 15703 Santiago de Compostela

: A Cidade

: Web

: Email

:  881 031 768

:  981 573 660

O Albergue de Peregrinos Seminario Menor A Asunción conta cos seguintes servizos:

- Recepción
- 177 prazas entre camas individuais e cuartos individuais
- Salóns sociais con TV
- Duchas e aseos
- Servizo de lavandería
- Servizo de Internet
- Servizo de supermercado e máquinas de vending
- Aparca-Bicis no exterior
- Kit de saba baixeira + funda, incluído no prezo da estancia
- É imprescindible dispoñer de saco de durmir

Para o correcto funcionamento e mantemento do albergue recoméndase aos usuarios:

- Abandonar as instalacións antes das 9:30, xa que entre as 9:30 e as 13:30 h realízanse as tarefas de limpeza do mesmo.
- O acceso ás instalacións a partir das 13:30 h.
- O horario de atención ao público na recepción do albergue é desde as 13:30 h. ata as 23:00 h.

No albergue hai unha sala na que se pode cociñar e na que está o servizo de supermercado.Tamén conta con máquinas de vending de frío e calor. O establecemento conta con dous tipos de aloxamento:

- Cama individual en sala compartida
- Cuarto individual.

Todos os cuartos teñen baño compartido.

Os arredores

O Seminario Menor está situado no barrio de Belvís. Xunto ao albergue está o parque de Belvís e o convento das dominicas, desde onde se goza dunhas vistas impresionantes do casco histórico e da Catedral.

Observacións

50 camas en habitación colectiva: 11,00 €
50 habitaciones individuales: 14,00 €

Localización